En Afundación, Obra Social ABANCA, ofrecémosche acceso aos nosos eventos culturais a cambio da túa contribución solidaria: alimentos non perecedoiros ou produtos de primeira necesidade.
Só tes que traer a túa doazón e depositala nos contedores que atoparás na entrada das nosas sedes en Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo e nos nosos Espazos +60.
O teu xesto solidario será o «prezo» da túa entrada e, con el, estaremos axudando ás persoas que máis o necesitan.
Cultura por alimentos é un programa de Afundación en colaboración con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e contigo.
Grazas!