Política de privacidade

  1. Responsable do Tratamento

    O Responsable do Tratamento correspóndese co titular do presente sitio web, accesible a través de www.afundacion.org, é Afundación, cuxos datos figuran anteriormente.

  2. Datos tratados, finalidades e prazo de conservación

    1. Datos tratados

      Para os efectos da solicitude de información ou de contacto, a subscrición nos nosos boletíns ou newsletters, a participación en promocións ou concursos ou a compra na nosa tenda en liña, deberanse facilitar uns datos a través da cumprimentación dos formularios dispostos para estes efectos, nos que se indicarán cales deles teñen o carácter de obrigatorio.

      Durante a navegación, Afundación obtén datos que lle achegan información sobre usabilidade e preferencias dos usuarios, segundo os termos e condicións que se prevén expresamente no apartado de cookies. Para estes efectos, utilízanse algunhas que permiten interactuar con redes sociais ou outras plataformas externas directamente desde a Web. A forma de interactuar do Usuario e a información obtida durante a navegación estará sometida á configuración de privacidade do propio Usuario en cada rede social, podendo mesmo esas plataformas obter algunha información da súa navegación, aínda que o usuario non faga uso dos seus servizos.

    2. Finalidades

      As finalidades serán as seguintes:

      1. Contacto: O correo electrónico ou o teléfono facilitado para o contacto será/n utilizado/s para unha efectiva contestación ás cuestións formuladas.
      2. Boletíns ou newsletters: O correo electrónico, o cal deberá ser verificado polo Usuario, ou outros similares, como pode ser o teléfono, será/n utilizado/s para o envío dos boletíns ou newsletters, de acordo cos seus intereses.
      3. Promocións/Concursos: Os datos achegados serán utilizados para a realización de cantas xestións sexan necesarias para o desenvolvemento da correspondente promoción e/ou concurso.
      4. Compra en liña: Os datos serán necesarios para a identificación do comprador e para o eventual envío dos bens adquiridos.
    3. Conservación

      O prazo de conservación será o seguinte:

      1. Boletíns o newsletters: Os datos serán tratados desde que o Usuario preste o seu consentimento ata a retirada do mesmo, o cal poderá outorgarse cantas veces queira. En cada comunicación, o Usuario atopará un procedemento gratuíto e accesible para xestionalo.
      2. Promocións/Concursos: Os datos serán tratados durante a substanciación da correspondente promoción ou concurso, incluída a entrega do premio e, unha vez finalizado, serán gardados para a eventual tramitación de reclamacións ou queixas relacionadas co seu desenvolvemento.
      3. Compra en liña: Os datos deberán ser conservados durante polo menos 5 anos, en cumprimento da normativa fiscal ou contable á que está suxeita Afundación.
  3. Exercicio de dereitos

    Calquera persoa ten dereito a obter confirmación acerca de se se está procedendo ao tratamento de datos persoais que lle concirnan, ou non. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos. En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos ou opoñerse ao tratamento dos mesmos, en cuxo caso unicamente os conservará Afundación para o exercicio ou a defensa de reclamacións. Para todo iso, os usuarios poderán dirixir unha comunicación por escrito ao Comité de privacidade: San Andrés 135-137, 2ª. 15003 da Coruña, ou remitir un correo ao enderezo rgpd@afundacion.org incluíndo, en ambos os dous casos, unha copia do documento nacional de identidade ou documentación acreditativa equivalente. No caso de que desexe exercer o dereito de portabilidade, facilitaranse eses datos ao novo Responsable.

  4. Lexitimación do tratamento

    A base legal para o tratamento dos datos facilitados será (i) o consentimento outorgado polo Usuario para o tratamento dos seus datos persoais, para un ou varios fins específicos; (ii) a satisfacción dos intereses lexítimos de Afundación e; (iii) a execución dun contrato no que o Usuario é parte ou para a aplicación de medidas precontractuais. O consentimento será sempre revogable e poderá exercerse en calquera momento.

  5. Destinatarios e cesións

    Afundación non realizará cesións de datos, salvo as expresamente contempladas na lexislación vixente.