Exposición: MIÑA NAI! Maternidades e crías no mundo animal, en Vigo

compartir

24 FEB

LUNS a VENRES | 17.30 a 20.30 h
SÁBADOS | 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

DOMINGO e FESTIVOS | pechado

Miña nai! Maternidades e crías no mundo animal é a nova exposición que poderá visitarse no Teatro Afundación Vigo do 24 de febreiro ao 20 de xuño de 2026. A mostra, realizada coa colaboración de Lunwerg e comisariada por Fernando González Sitges, escritor, debuxante e realizador, propón un percorrido visual e divulgativo arredor da maternidade no reino animal.

 

VISITA GUIADA INAUGURAL

con Fernando González Sitges

24 FEB | 19.00 h

Reservas

 

VISITAS GUIADAS

Ademais da visita inaugural, programáronse visitas guiadas para afondar nos contidos da exposición.

Lugar: Sala de exposicións Teatro Afundación Vigo
Datas: 5 e 26 de marzo · 9 e 23 de abril · 7 e 21 de maio · 4 e 18 de xuño
Horario: 19:00 h
Capacidade máxima: 25 persoas

Inscrición previa a través de Ataquilla

 

 

A exposición enmárcase no programa transversal Educación para a sostibilidade, a través do cal desenvolvemos actividades orientadas a fomentar a concienciación medioambiental e o respecto pola nosa contorna natural.

 

A mostra reúne unha escolma de 45 fotografías que retratan outras tantas especies do mundo animal en escenas que abranguen desde o nacemento e a crianza até a aprendizaxe e a emancipación.

Os singulares mecanismos que cada especie desenvolve para concibir, protexer e alimentar as súas crías revelan a extraordinaria diversidade e riqueza do mundo animal. Ao mesmo tempo, estas imaxes permiten descubrir sorprendentes paralelismos con especies que, a priori, poderiamos considerar moi afastadas da nosa.

 

Decontado máis información!

 

Aproveita para visitares a axenda web e decatarte de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para te informares sobre outras actividades escénicas.

Horario

LUNS a VENRES | 17.30 a 20.30 h
SÁBADOS | 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

DOMINGO e FESTIVOS | pechado

Outros eventos