Escola Infantil Afundación Zalaeta da Coruña

compartir

Aluguer de espazos

Eventos

No hay próximos eventos programados para este centro.

Concibimos as escolas infantís Afundación como centros de educación infantil nos que, desde o respecto aos nenos e nenas e nun ambiente de afecto e confianza, potenciamos, asistimos, favorecemos, acompañamos e estimulamos a riqueza de posibilidades que cada nena e neno ten, coa participación fundamental da familia.

A Escola Infantil Zalaeta dispón de 85 prazas e é froito dun convenio de colaboración entre o Concello da Coruña e Afundación.

Todo o persoal que atende os nenos/as é especialista en Educación Infantil e posúe titulación superior.

* Escola infantil gratuíta.

Requisitos de acceso

Admítense nenos e nenas a partir de 5 meses.

Duración do curso

Principios de setembro a finais de xullo.

Prazo de inscrición curso 2025 -2026. 

Do 01 de febreiro ao 31 de marzo.
Horario de atención ás familias:
De luns a venres.
De 09:00h a 12:00h e de 16:00h a 17:00h.
Deberanse presentar os seguintes documentos:
  1. Impreso de solicitude e unha fotocopia do mesmo
  2. Certificado de vida laboral
  3. Certificado de empresa

Presentaranse todos os documentos na sede da Escola Infantil de Zalaeta.

Características

A Escola Infantil Zalaeta ocupa unha superficie de máis de 1.000 me inclúe unha parcela ao aire libre con zona de xogos.

  • Semisoto: comedor, cociña, despensa, lavandaría e sala de usos múltiples
  • Planta baixa: patio cuberto, sala de espera, dirección, baño para o persoal do centro, unha aula
  • Entreplanta: aulas e servizos
  • Primeira planta: aulas, servizos, terraza e gabinete do médico

Todas as aulas están organizadas por recunchos ou obradoiros con mesas e cadeiras adaptadas ás idades dos escolares e co material preciso para cada espazo, así como xogos de construción, manipulación, encaixes, ensarte etc. e outros materiais para que os nenos desenvolvan a súa creatividade e psicomotricidade.
O patio cuberto dispón de tobogáns e casiñas de material especial para nenos pequenos. Ten un amplo parque móbil: triciclos, bicicletas, motos, coches e algún patinete.
O patio exterior está recuberto dun material antigolpes especial e ten unha casiña con tobogán e un balancín de madeira, xogos homologados e adaptados aos máis pequenos.

Servizos

  • Servizo de comedor e merenda con cociña propia
  •  Actividades complementarias
    • Música
    • Psicomotricidade
  • Actividades extraescolares
    • Expresión corporal e danza clásica (despois do horario escolar)
    • Expresión plástica: desenvolvemos a nosa creatividade (despois do horario escolar)
    • Inglés impartido por Kids & Us (despois do horario escolar)
  • Cheques empresa: gourmet, sodexo, edenred…

Horario

9.00 a 16.00 h (inclúe comida)
Servizo Madrugadores de 7.45 a 9.00 h
Horario ampliado de 16.00 a 17.00 h (inclúe merenda)
Horario de tarde de 15.00 a 17.00 h (inclúe merenda)

Localización

Solicita máis información