Xornada FILANTROPÍA E INVERSIÓN DE IMPACTO: Novas Oportunidades para as Entidades Non Lucrativas, en Vigo

compartir

21 MAI

11.00 a 15.00 h

O martes 17 de xuño, a Sede Afundación Vigo acolle a xornada ‘Filantropía e Inversión de Impacto: Novas Oportunidades para as Entidades Non Lucrativas’ para concienciar fundacións e organizacións sen ánimo de lucro sobre o potencial da inversión de impacto e a Venture Philanthropy. Esta sesión está dirixida a representantes de fundacións, inversores/as sociais, mocidade emprendedora, académicos/as e profesionais con interese na inversión de impacto e o emprendemento social.

 

Esta xornada está promovida polo Fondo de Fundacións, impulsada por Open Value e ABANCA e conta coa colaboración da Asociación Española de Fundacións e Afundación, Obra Social ABANCA.

 

Prazas limitadas. Prégase confirmación.

CONFIRMA ASISTENCIA

 

A inversión de impacto e a Venture Philanthropy son ferramentas clave para maximizar a capacidade das organizacións sen ánimo de lucro de xerar un cambio positivo na sociedade. A través desta estratexia, non só se busca optimizar os recursos dispoñibles para alcanzar fins sociais, senón tamén garantir a sostibilidade financeira das entidades, facilitando a súa capacidade para seguir operando a longo prazo.

A xornada permitirá explorar casos de éxito, compartir boas prácticas e abrir un espazo de reflexión sobre como estas organizacións poden aproveitar a inversión de impacto para aumentar o seu alcance e influencia, mantendo ao mesmo tempo o seu compromiso coa misión social.

 
AXENDA

11.00 – 11.15 Inauguración

  • Pedro Otero. Director xerente de Afundación, Obra Social ABANCA
  • Isabel Peñalosa. Directora Relacións Institucionais en AEF
  • Maria Cruz-Conde. Presidenta de FdF Impacto

  

11.15 – 11.35 Inversión de impacto, a chave para un futuro sostible

  • María Molina Martín. Directora de Alianzas e Operacións de SpainNab

 

11.35 – 12.35 Impulsando o cambio: Fundaciones e inversión de impacto

  • Olga Rivas. Directora de Fundación Roberto Rivas
  • Xoan España. Director Xeral de Fundacion Amicos
  • Mónica Vasquez. Head of Catalytic Ventures en Open Value Foundation
  • Jokin Aranzábal. Patrono e secretario da Fundación Antonio Aranzábal
  • Modera: Isabel Peñalosa. Directora Relacións Institucionais en AEF

 

12.35 – 13.35 Financiación e emprendemento con impacto: Aliados para la transformación social

  • Marcello Gandolfi. Responsable global de programas de Codespa
  • Luis de Sande. Cofundador e director financeiro AUARA
  • Veronica Menéndez. CEO e fundadora de Agrolinera
  • Adrián Landa. Director de relación con inversores e desenvolvemento de negocio en Global Social Impact Investments
  • Modera: Patricia Gonzalez Gomez.  Investment Banking ABANCA

 

13.35 -13.45 Conclusións e clausura

  • Armando Fandos. Team leader de Banca Privada Entidades Non lucrativas e Impacto, ABANCA

 

13.45- 15.00 Coctel networking

 

Aproveita para visitares a axenda web e decatáreste de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para informarte doutras actividades escénicas.

Horario

11.00 a 15.00 h

Outros eventos