compartir

Afundación, ABANCA e o Concello da Pastoriza inauguran «Destino. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel»

O Concello da Pastoriza, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron hoxe a mostra fotográfica «Destino. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel». O acto contou coa asistencia do alcalde do Concello da Pastoriza, Darío Cabaneiro; o coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Carlos Teijeiro; o director da oficina de ABANCA en Bretoña, José Veiga; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.

A mostra poderase visitar ata o vindeiro 21 de agosto, de luns a sábados en horario de 10.00 a 14.00 h.

A EXPOSICIÓN «DESTINO. UNHA PEREGRINACIÓN DE MANUEL VALCÁRCEL»

Nesta terra de emigrantes e peregrinos sabemos mellor ca ninguén da importancia vital da viaxe, un percorrido físico que implica, en paralelo, unha reflexión interior sobre os nosos valores, a nosa identidade e as nosas necesidades. Nas catro peregrinacións do fotógrafo galego Manuel Valcárcel fálasenos de familia, de emigración, de envellecemento, de sostibilidade e de fogar, grandes temas da humanidade que teñen a súa correspondencia no labor social de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e que nesta exposición afloran a través da viaxe interior e física de Valcárcel e das súas potentes imaxes cargadas de emoción, vida e cor.

«Destino» amosa catro peregrinacións en catro países de catro continentes, alicerzándose na fotografía documental como ferramenta narrativa e contando distintas historias unidas por un mesmo sino. Concíbese esta expedición como unha viaxe en espiral de seres humanos unidos e guiados polo destino, na busca de respostas a preguntas universais que nos atinxen a todas as persoas do mundo.

Á súa vez, esta exposición realiza a súa particular viaxe polas diferentes localidades de Galicia nas que se mostra dentro do programa «Corrente cultural», que permite a Afundación programar actividades culturais, grazas á colaboración cos concellos e con ABANCA.

Nas catro peregrinacións do fotógrafo galego Manuel Valcárcel se nos fala de familia, de emigración, de envellecemento, de sostibilidade e de fogar, grandes temas da humanidade que nesta exposición afloran a través da viaxe interior e física de Valcárcel, e das súas potentes imaxes cargadas de emoción, vida e cor.

«Destino» amosa catro peregrinacións en catro países de catro continentes ―O Tíbet, Senegal, México e Galicia―, alicerzándose na fotografía documental como ferramenta narrativa e contando distintas historias unidas por un mesmo sino.  

Outras noticias