compartir

Afundación, ABANCA e o Concello de Sarria inauguran a exposición «Castelao grafista (facsímile)»

O Concello de Sarria, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron esta mañá, na Oficina Municipal de Turismo, a mostra «Castelao grafista (facsímile)». Ao acto asistiron o Reyes Abella García, concelleira do Camiño de Santiago, Turismo, Patrimonio e Relacións Institucionais do concello de Sarria; Itziar Puga Armesto, directora de zona de ABANCA; Edita Belón López, directora da oficina de ABANCA en Sarria; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano.

 

As imaxes están dispoñibles aquí.

 

No marco da conmemoración no 2025 do Ano Castelao, Afundación homenaxea o insigne intelectual e político rianxeiro con esta mostra, incluída no seu programa «Corrente cultural», desenvolvido en colaboración con ABANCA e os diferentes concellos galegos. Poderase visitar ata o vindeiro 4 de outubro, de luns a sábado en horario de 9.00 a 14.00 h e de 16.30 a 20.30 h, na Oficina Municipal de Turismo.

Tamén se enmarca na iniciativa «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entidade invita aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar a mostra.

A EXPOSICIÓN «CASTELAO GRAFISTA (FACSÍMILE)»

A exposición, que conta con pezas procedentes das coleccións de arte de ABANCA e Afundación, componse dunha escolma rigorosa de obras nas que se reflicte a evolución tanto do compromiso ético, social e político do artista rianxeiro, como dos seus recursos plásticos e a súa querenza pola ilustración. O seu interese pola palabra e pola imaxe consolidouse nas colaboracións que, a partir de 1924, empezou a publicar en medios como Galicia, Faro de Vigo ou Vida Gallega, nas que a ilustración e o texto reflicten a ácida crítica dun Castelao cada vez máis comprometido. Esta forma de arte e denuncia acabaría articulando obras tan relevantes como Cousas da vida (1930) e os álbumes de guerra Galicia mártir (1937), Atila en Galicia (1937) e Milicianos (1938).

No ano 1945, tras case unha década vivindo no exilio, Castelao rematou o que sería considerado como o seu testamento pictórico, A derradeira leición do mestre, unha tea na que se retoma unha ilustración de guerra elaborada en 1937. Nela, Castelao funde ilustración e pintura en homenaxe ás mestras e mestres asasinados tras o golpe de Estado de 1936.

A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación e debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que pertencen á Colección de Arte ABANCA. Ademais, poderanse ver retratos fotográficos, caricaturas, debuxos e portadas de revistas. 

Outras noticias