compartir

Afundación celebra nas súas sedes de toda Galicia o Día Mundial da Infancia

As sedes de Afundación en Galicia acollerán mañá obradoiros artísticos para toda a familia co gallo da conmemoración do Día Mundial da Infancia. Desenvolveranse de maneira gratuíta, a partir das 17.30 h, e enmárcanse no programa solidario «Cultura por alimentos», mediante o que a entidade anima as persoas participantes nas súas actividades a doaren produtos non perecedoiros que se recollen na entrada de cada sede e que logo son entregados aos bancos de alimentos locais para a súa posterior distribución. As entradas, gratuítas, débense reservar a través de Ataquilla.com.

 

Os obradoiros familiares

Sede Afundación A Coruña

A partir da mostra «Compromiso coa arte: Fundación Bancaja y Colección ABANCA», as familias poderán desfrutar dunha visita conto con obradoiro STEAM titulada «As estrelas do firmamento tamén queren saber pintar».

A partir da mostra «Ítaca. Unha viaxe pola educación financiera», as familias poderán desfrutar da visita «Viaxe ao centro do aforro». Unha simpática feira onde se achegarán a termos básicos coma os cartos, os prezos e o aforro. Con obradoiro incluído.

Sede Afundación Ferrol

A partir da mostra «Emocións en perigo. Fotografías de Tim Flach», as familias poderán desfrutar dunha visita conto con obradoiro titulada «Acariñando a ferida da vida salvaxe».

Sede Afundación Santiago de Compostela

A partir da mostra «Goya e Hellboy. Unha iconografía de monstros de Stéphane Levallois», as familias poderán desfrutar dunha visita conto con obradoiro titulada «Monstros con gadoupas de lapis».

Sede Afundación Lugo

A partir da mostra «Nicolás Muller en Galicia», as familias poderán desfrutar dunha visita conto con obradoiro titulada «Cantos da Maruxaina».

Café Moderno Afundación Pontevedra

A partir da mostra «Comedy Wildlife», as familias poderán desfrutar dunha visita conto con obradoiro titulada «Comediantes da vida salvaxe».

Sede Afundación Vigo

A partir da mostra de ilustración «Diversa», as familias poderán desfrutar dunha visita conto con obradoiro que leva por título «Universo diverso».

Sala de Exposicións Afundación Ourense

A partir da mostra «Picasso protagonista. Viñetas no cómic español contemporáneo», as familias poderán desfrutar dunha visita conto con obradoiro titulada «O home da camiseta de listas».

 

Outras noticias