Sede Afundación Coruña

compartir

Aluguer de espazos

Eventos

No hay próximos eventos programados para este centro.

Accesos

Autobuses. Liñas 1, 1A, 2, 3, 3A, 4, 7, 17, 23 e 23A. Máis información da estación de autobuses da Coruña.

Estación de tren. R/ Joaquín Planells Riera s/n, A Coruña, 15007- A Coruña. Máis información da estación de trens da Coruña.

Aeroporto. Distancia 10 km. Máis información do aeroporto de Alvedro da Coruña.

Máis información en socioculturales@afundación.org

Tarifas da SEDE AFUNDACIÓN A CORUÑA | PDF 317 KB

Se precisas máis información, ou se queres reservar algún espazo, contacta connosco no 981 185 060 ou no correo-e socioculturales@afundacion.org

 

Características

O edificio, sede do Padroado de Afundación, é un proxecto do arquitecto británico Nicholas Grimshaw. Achega unha obra vangardista ao patrimonio arquitectónico da cidade e de Galicia. O seu deseño aseméllase á crista dunha onda mariña internándose nos Cantóns e rompendo nunha fachada de cristal retroiluminada; supón unha reinterpretación das características galerías da Mariña. Este edificio, xa coñecido como «A onda de cristal», combina dous materiais con gran plasticidade —o pétreo, de longa tradición na arquitectura galega, e o metálico—, outorgando protagonismo á luz cenital.

Concibido como centro sociocultural de referencia, nos seus 7692 m2, cunha orixinal e eficiente distribución, dispomos de espazos equipados coa máis avanzada tecnoloxía para celebrar exposicións, espectáculos, simposios, conferencias e un amplo abano de actividades e obradoiros; ademais, o centro conta con cafetería propia.

O Royal Institute of British Architects (RIBA) concedeu en 2006 a esta construción un dos premios European Awards, que distingue o traballo realizado por membros do RIBA en todo o mundo. Trátase dun edificio 100 % accesible e que conta coas certificacións ISO 14001 e Emás.

A Sede Afundación, que xestionamos un equipo de excelentes profesionais con ampla experiencia na organización de actos, é un lugar único para celebrar de xeito exitoso os teus eventos e xuntanzas de traballo.

Servizos

  • Recepción
  • Tenda
  • Dispensadores de entradas
  • Aseos

Horario de exposiciones

Consultar agenda

Horario

Según eventos

Espazos e cuartos dispoñibles

Localización

Solicita máis información