A Sala de Exposicións Afundación de Ourense intégrase dentro das necesidades e inquedanzas dunha sociedade moderna e dinámica, sensibilizada cos problemas actuais, posuidora de ansias de formarse e de descubrir novas manifestacións culturais, así como preocupada polo progreso económico e o emprego.
Neste centro social abordamos todos os aspectos que incumben a unha obra social comprometida coa súa contorna e as súas xentes. A formación e a arte teñen cabida neste ambicioso proxecto.
Este edificio trátase dunha xoia arquitectónica situada en pleno barrio histórico. Reformamos totalmente o seu interior para transformalo nun atractivo edificio de espazos diáfanos e liñas modernas, conservando por completo a súa fachada tradicional, de gran valor artístico.
Plantas:
- Planta soto: Sala de exposicións
- Planta baixa (principal): Sala de exposicións
- Planta alta: Sala de exposicións, Unidade de Xestión de Afundación, Centro de Iniciativas Sociais e espazo para obradoiros.
Salas polivalentes: dúas salas polivalentes serven de apoio ao espazo expositivo e poden funcionar tamén como sala de recepcións, entre outros usos.