Lonxevidade
Envellecemento Activo e Benestar
Buscamos xerar coñecemento baseado na evidencia científica, visibilizar problemáticas sociais vinculadas ao envellecemento e promover cambios culturais e sociais positivos, contribuíndo a unha visión máis xusta, informada e diversa da lonxevidade.
Os nosos espazos +60 en toda Galicia crean comunidade, aprendizaxe e un novo enfoque vital a través de numerosas actividades afastadas do idadismo. Atópanos na Coruña, Ferrol, Lugo, Monforte de Lemos, Ourense, Pontedeume, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Viveiro.