Programas en itinerancia
Programas en itinerancia é a nosa proposta para levar unha selección de contidos das áreas de Cultura, Educación, Lonxevidade e Sostibilidade a distintas localidades, en colaboración con concellos e outras entidades. Unha iniciativa flexible que se adapta ás necesidades de cada comunidade e achega propostas de calidade máis aló das nosas sedes.
Se queres levar un dos nosos programas á túa localidade, enche o formulario que atoparás máis abaixo e poñerémonos en contacto contigo.

Cultura
Exposicións itinerantes de arte, fotografía e patrimonio que achegan a creación a todos os públicos, con propostas para gozar, reflexionar e descubrir.

Educación
Programas escolares e formativos que combinan cultura, finanzas, emocións e habilidades para a vida, adaptados a cada etapa educativa e perfil de alumnado.

Lonxevidade
Actividades, programas e encontros deseñados para promover o envellecemento activo, o benestar emocional e a participación social das persoas maiores.

Sostibilidade
Iniciativas de acción medioambiental e voluntariado orientadas a preservar a contorna natural e a extender unha conciencia sostible na sociedade.
Formulario de solicitude de información
Enche o formulario e un membro do noso equipo porase en contacto contigo con toda a información.