Teatro EL REY QUE FUE de ELS JOGLARS, en Vigo

compartir

06 XUñ

Els Joglars chegan a Galicia con nova obra, El Rey que fue. Entre o humorístico e o tráxico, o Rei emérito rememora os momentos e as situacións que ao longo dos anos o levaron ao éxito e á soidade. Descúbrea o 5 de xuño no Teatro Afundación Vigo.

 

A vida do rei emérito provoca nos seus contemporáneos os máis antagónicos xuízos. Trátase dunha vida discordante. Unha vida repleta de contrastes: Momentos tráxicos, sacrificados, esperpénticos, tolos, magnánimos, divertidos, funestos e ousados. Neste sentido, podemos imaxinar que se Shakespeare vivise nos nosos días a historia de Juan Carlos I, quizais lle seducise en maior medida ca os diversos reis que inspiraron os seus formidables relatos. Joglars disponse a montar unha obra nesta liña poliédrica.

 

ARTISTAS Ramon Fontserè, Pilar Sáenz, Dolors Tuneu, Martí Salvat, Javier Villena, Bruno López-Linares

 

Ano 2023. O Golfo Pérsico. Un rei emérito, ancián e exiliado quere sentir o sabor da súa afastada e querida patria. Dispón unha festa nun luxoso veleiro para degustar unha deliciosa paella en alta mar. Xornalistas, amigos, amigas, xeques e familiares están convidados. Que pode saír mal? Unha viaxe a ningunha parte. Unha revisión humana e sen concesións da vida de Juan Carlos I e dos últimos 50 anos do noso país. Unha traxedia Shakespeariana dun Rey no ostracismo que trae ao escenario pantasmas do pasado, decisións, arrepentimentos e orgullos. Que ocorreu para que isto terminase así? Albert Boadella dirixe a Ramón Fontseré e ao elenco de Els Joglars dez anos máis tarde do seu último proxecto xuntos. Unha ocasión única para ver o mellor de Els Joglars en acción. Incisivos, mordaces e sempre elegantes, a compañía privada máis antiga de Europa sempre foi crítica e crónica da historia de España sobre os escenarios.

As distintas situacións creadas e vividas polo Rei emérito ao longo da súa vida conteñen uns compoñentes próximos á traxedia clásica. A súa infancia e mocidade separado dos seus pais e entregado á tutela dun ditador; a morte do irmán por un disparo fortuíto da súa pistola; a coroa arrebatada ao pai; o seu poder absoluto herdado da ditadura e entregado á democracia; o golpe militar frustrado no último momento; os manejos económicos; a súa incesante inclinación polas amantes e, f inalmente, a abdicación en favor do seu fillo e o exilio. . . . Agora atópase só e arrinconado, lamentando non gozar das prerrogativas e inmunidades que gozaron os antigos monarcas da súa estirpe. Neste sentido, está convencido que el foi un auténtico rei segundo a máis xenuína tradición pero que ninguén llo recoñece. Entre a realidade e o delirio, imos asistindo á lembranza dos distintos episodios, así como as confesións e pretextos para xustificar ou deplorar a súa controvertida actuación.

 

Aproveita para visitares a axenda web e decatarte de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes! Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para outras actividades escénicas.

Horario

20.30 h

Outros eventos