Ciclo EDUCACIÓN S. XXI 2025-2026

compartir

10 DEC

Renovamos o noso compromiso coa educación de vangarda e desde Afundación, Obra Social ABANCA, traemos unha nova edición do ciclo EDUCACIÓN S.XXI, que achega a Galicia algunhas das voces máis destacadas do panorama actual para reflexionar sobre os retos e oportunidades deste século. Profesionais do xornalismo, da divulgación científica ou da neurociencia compartirán os seus coñecementos e experiencias para profesionais, familias e público xeral. Non deixes de participar neste espazo de debate e reflexión que busca aproveitar o poder transformador da educación.

 

PROGRAMA

30 SET | Ferrer i Balsebre | Sede Afundación PontevedraApúntate (escolares)

20 OUT | Boticaria García | Teatro Afundación VigoApúntate (escolares)
30 OUT | Francisco Martelo | Sede Afundación A CoruñaApúntate (escolares)
11 NOV | Daniel Millán | Sede Afundación PontevedraApúntate (escolares)
18 NOV | Mª Pilar Castro Manglano | Sede Afundación Santiago de CompostelaApúntate (escolares)
 
As conferencias contarán con dúas sesións: unha matinal para a comunidade escolar e outra en horario de tarde para o público xeral. Todas elas terán lugar nos nosos edificios de Afundación.
 

INSCRICIÓNS E RESERVAS

A entrada para as conferencias é gratuíta, previa retirada de invitación en Ataquilla.com.

 

Este ciclo intégrase unha vez máis no noso programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS. Convidámoste a colaborares doando alimentos non perecedoiros cando asistas a estes encontros. A túa solidariedade axúdanos a apoiar as familias máis necesitadas a través dos bancos de alimentos locais. Infórmate polo miúdo!

 

CICLO EDUCACIÓN S. XXI

Un programa de conferencias para dar a coñecer as últimas tendencias, estudos e teorías sobre educación a toda a comunidade escolar e ao público xeral. Grandes especialistas xa pasaron polos nosos edificios. Se tes interese en visualizar estes contidos, bota un ollo en Afundacion.tv

 

Non perdas nada da nosa programación consultando a axenda. E para máis espectáculos, agardámoste en Ataquilla.com

 

 

Outros eventos