Tempada de Abonos de Clásica en Vigo. Xaneiro a xuño de 2026

compartir

12 XAN

A Tempada de Abonos de Clásica en Vigo regresa para o primeiro semestre de 2026. Iniciamos o ano cunha programación de excelencia que traerá ao noso escenario as mellores propostas musicais do circuíto nacional e internacional.

Coma cada ano acompáñannos as nosas grandes agrupacións, a Real Filharmonía de Galicia (RFG) e a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) con destacados directores e solistas. Ademais, esta tempada enriquécese coa presenza internacional do Philharmonisches Streichquintett Berlin e o Quinteto Lunfardo. Velaquí toda a información para que poidas facerte co teu paquete cultural ata xuño de 2026.

RENOVACIÓN DE ABONOS Se te abonaches á última tempada, agora podes renovar o teu abono e reservar as mesmas butacas de xeito online ou fisicamente:

  • Online, a través da ligazón que recibirás no teu correo-e, do 1 ao 8 de decembro.

  • Na billeteira do Teatro Afundación Vigo (Rúa Marqués de Valladares, s/n), o día 9 de decembro, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h.

    VENDA XERAL DE ABONOS Online en www.ataquilla.com do 10 de decembro ao 6 de xaneiro.
VENDA DE ENTRADAS SEN ABONO Online en www.ataquilla.com ou fisicamente na Sede Afundación Vigo (Policarpo Sanz, 26), a partir do 7 de xaneiro. Tes máis información no 986 12 00 78.

CONCERTOS

  • RFG | ven, 30 de xaneiro

  • PHILHARMONISCHES STREICHQUINTETT BERLIN (PSB) | mér, 25 de febreiro

  • RFG | mér, 4 de marzo

  • RFG | mér, 22 de abril

  • QUINTETO LUNFARDO | lun, 4 de maio

  • OSG | xov, 14 de maio

  • RFG | mér, 3 de xuño

CULTURA POR ALIMENTOS Esta tempada enmárcase en #CulturaPorAlimentos, un programa que convídate a traeres a túa doazón de alimentos non perecedoiros para axudar os bancos de alimentos locais. Infórmate!.

Aproveita para visitares a axenda web e decatáreste de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para informarte doutras actividades escénicas.

Outros eventos