VI Ciclo BUTACA DE JAZZ, en A Coruña

compartir

02 OUT
01 DEC

Chega unha nova edición do ciclo BUTACA DE JAZZ na Sede Afundación A Coruña. No mes de novembro deste 2025 celebramos o mellor jazz da man de JUZZ, Pablo Seoane e Carmen Vela. Tres marabillas do xénero para gozar destas veladas musicais.

 

Reserva xa as túas entradas en Ataquilla.com

Á venda por separado ou como abono para as tres actuacións cun 20 % de desconto.

 

Os tres concertos están incluídos no programa CULTURA POR ALIMENTOS. Accede cunha achega de alimentos non perecedoiros, destinados ao Banco de Alimentos Rías Altas (BALRIAL). Grazas!
Máis información

 

domingo, 9 NOV | 20.00 h | JUZZ 

JUZZ é a banda do guitarrista Virxilio da Silva, que fusiona rock psicodélico, jazz, noise e stoner nunha proposta libre de etiquetas. Cunha sólida formación, lanzaron o seu aclamado álbum debut homónimo en 2018. Desde entón, destacaron na escena galega e do norte de Portugal polos seus potentes directos, con excelentes críticas.

 

sábado, 15 NOV | 20.00 h | PABLO SEOANE

Pablo Seoane é compositor, pianista e doutor en Filosofía cunha traxectoria de tres décadas na improvisación, o jazz e a música contemporánea. Combina a súa creación musical coa reflexión filosófica, publicando o libro ‘Regla y tiempo real’ e participando en proxectos tanto en España como internacionalmente. Entre os seus traballos recentes destacan ‘Ejercicios de cartografía inversa’ (2024) e ‘Improvisaciones Goldberg’ (2024), que reflicten a súa versatilidade artística.

 

sábado, 22 NOV | 20.00 h | CARMEN VELA

A frautista madrileña Carmen Vela, premiada polo Catálogo da Plataforma Jazz España, presenta o seu segundo álbum ‘En Continuo’. A artista combina jazz contemporáneo, swing e ritmos latinos cun cuarteto, creando unha sonoridade urbana e propia. Presenta melodías poéticas e fusións que reflicten movemento, busca constante e persistencia.

 

Colle as entradas en Ataquilla.com

 

Aproveita para visitares a axenda web e decatarte de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para te informares sobre outras actividades escénicas.

Horario

20.00 h

Outros eventos