Espazo +60 Pontevedra

compartir

Aluguer de espazos

Eventos

No hay próximos eventos programados para este centro.

Espazo +60 de Pontevedra está situado no antigo Café Moderno, un edificio con decoración modernista que continúa a ser un referente da actividade social pontevedresa. Inauguramos este centro no ano 2000, despois de encargar a súa rehabilitación ao reputado arquitecto portugués Álvaro Siza, un espazo privilexiado en cuxas paredes podemos gozar de obras de Laxeiro, Carlos Sobrino, Monteserín ou Pintos Fonseca. Ademais, conta cun coidado xardín interior e dous ascensores.

Volvemos con enerxías renovadas e ganas de vernos de novo!
● Consulta a programación de actividades presenciais e inscríbete cubrindo o formulario dende o 4 de setembro ás 10.00 horas ata o 19 de setembro ás 13.00 horas.

● Consulta a programación de actividades +60 ONLINE

Se queres saber máis, coñece a fondo o programa dos Espazos +60 no Boletín núm. 0Boletín núm. 1

Características

Planta baixa
Cafetaría
Sala de conferencias
Xardín
Aseos

1ª planta
Dúas salas de exposicións
Aseos

2ª planta
Perrucaría
Gabinetes de traballo social e podoloxía
Sala de prensa e revistas
Dúas salas de usos múltiples
Ciberaula
Aseo

Servizos

SERVIZOS PRESTADOS POR DIFERENTES PROFESIONAIS EXTERNOS CON CITA PREVIA

Perrucaría: Luns a venres 10.00 a 13.30 y 16.00 a 20.30 h

Podoloxía: Martes 10.00 a 13.30 e 16.00 a 20.00 h

Traballo social: Luns a venres 10.00 a 13.00 e 16.00 a 20.00 h

Ademais, biblioteca, prensa e cafetaría durante o horario de apertura do centro e ciberaula para navegación gratuíta en horario de non impartición de actividades formativas.

Horario

Luns a venres de 9.30 a 13.30 e 16.00 a 20.00 h

Pechado durante o mes de agosto, festivos, e os días 24 e 31 de decembro.

Localización

Solicita máis información