No Espazo +60 de Santiago fomentamos a participación e o protagonismo social das persoas maiores de 55 anos. Nado baixo a iniciativa dun grupo de xubilados, en 1971 creamos este centro no corazón da cidade. Nel continuamos a sondar periodicamente as inquietudes dos usuarios e usuarias co fin de ofrecerlles servizos e actividades socioculturais adaptadas ás súas preferencias e necesidades.
Volvemos con enerxías renovadas e ganas de vernos de novo!
● Consulta a programación de actividades presenciais e inscríbete cubrindo o formulario dende o 4 de setembro ás 10.00 horas ata o 19 de setembro ás 13.00 horas.
● Consulta a programación de actividades +60 ONLINE
Se queres saber máis, coñece a fondo o programa dos Espazos +60 no Boletín núm. 0, Boletín núm. 1
Características
Distribución do centro nunha planta única
Recepción
Sala cultura dixital
Sala de formación
Sala de hábitos saudables
Sala de expresión artística
Sala de lectura
Sala de usos múltiples
Administración e dirección
Gabinete de podoloxía
Perrucaría
Aseos
Servizos
SERVIZOS PRESTADOS POR DIFERENTES PROFESIONAIS EXTERNOS CON CITA PREVIA
Masaxe: Mércores
Perrucaría: Luns a venres pola mañá excepto o martes; venres mañá e tarde
Podoloxía: Martes
O centro conta ademais con biblioteca e prensa durante o horario de apertura e ciberaula para navegación gratuíta en horario de non impartición de actividades formativas.
Asóciate
Máis información no 981 580 385 ou a través de correo-e