Colección de Arte
Axenda
A nosa Colección de arte conta cun fondo de 5.000 obras entre pintura, escultura, fotografía, gravado, debuxo e novas tecnoloxías. Abrangue as distintas etapas artísticas en Galicia con pezas fundamentais desde o s. XIX ata os nosos días, de artistas como Villaamil, Sotomayor, Lloréns, Serafín Avendaño, Ovidio Murguía de Castro, Joaquín Vaamonde, Carlos Sobrino, Jesús Corredoira, Sotomayor, Arturo Souto, Castelao, Laxeiro, Colmeiro, Seoane, Maruja Mallo, Eugenio Granell, Urbano Lugrís, Jorge Castillo, Leopoldo Nóvoa, Antón Lamazares, Leiro, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Manuel Vilariño, Vari Caramés, Pamen Pereira ou Quintana Martelo, entre máis nomes destacados.
Declarada «Ben de Interese Cultural» (BIC) pola Xunta de Galicia no ano 2015, a Colección de Arte Afundación certifica a conservación e difusión do patrimonio cultural de Galicia polo seu carácter singular e ampliamente representativo do panorama artístico galego.
Descubre nuestro Centro de Formación Profesional









