Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

Dentro do eido xornalístico convocamos anualmente este concurso literario que premia autoras/es de artigos escritos en galego, publicados en medios de comunicación escrita. O Premio Afundación de Xornalismo Francisco Fernández del Riego naceu coa vocación decidida de animar e impulsar o uso do idioma galego nos medios de comunicación, ao tempo que recoñece a tradición literaria e xornalística das e dos profesionais da escrita que utilizaron e utilizan a nosa lingua na prensa.

Consulta as Bases XXIII Premio Afundación de Xornalismo Francisco Fernández del Riego.

Gañador@s do Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego desde os seus comezos.