Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba
Dentro do eido xornalístico convocamos anualmente este concurso literario que premia autoras/es de artigos escritos en castelán, publicados en medios de comunicación escritos. Este premio naceu coa vocación de recoñecer e manter viva a tradición do xornalismo literario de calidade, ese que vai alén da información e que, con inxenio, humor e pensamento crítico, invita a reflexionar sobre o mundo. Facémolo baixo o nome de Julio Camba, xornalista galego de Vilanova de Arousa cuxa obra segue sendo referencia e exemplo de que o xornalismo pode ser, ao mesmo tempo, rigoroso, libre e profundamente literario.
Consulta as Bases do XLVI Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba.
Artigos e persoas gañador@s do Premio Afundación de Xornalismo Julio Camba desde os seus comezos. PDF – 500 kB