«Que faría eu se no meu país houbese unha guerra? Sairía correndo», Gervasio Sánchez, en Afundación TV

I Gervasio Sánchez participou no programa de encontros culturais «Conversamos con», desenvolvido en Afundación TV e accesible para todos os públicos, no que repasou a súa traxectoria e os principios éticos que veñen guiando a súa carreira no marco da súa participación na Bienal de Arte de Pontevedra
I «Vidas minadas. 25 anos», incluída no evento artístico que promove a Deputación de Pontevedra a través do seu Museo, poderase ver no Café Moderno Afundación de Pontevedra ata o 30 de agosto