Más de 120 persoas participan cada día nunha visita guiada a unha exposición organizada por Afundación en Galicia

I Entre os meses de xaneiro e agosto, alumnado de 295 centros escolares participou en circuítos guiados polas mostras organizadas en cidades e vilas das catro provincias
|Case 80 colectivos de persoas en risco de exclusión social e 149 asociacións visitaron as exposicións de Afundación atendendo as explicacións e indicacións do persoal experto