A Sede Afundación de Lugo acolle un percorrido histórico nas viñetas de Siro López nunha mostra do Parlamento de Galicia

I Trátase dunha mostra organizada polo Parlamento de Galicia en colaboración con La Voz de Galicia e Afundación, a Obra Social de ABANCA
I O groso da mostra está conformado polas viñetas publicadas por Siro López en La Voz de Galicia entre 1985 e 2006, xunto con pezas da primeira lexislatura autonómica e unha decena de debuxos inéditos sobre os anos máis recentes da política galega