Stéphane Levallois, imprescindible no cine fantástico, mestura os monstros de Goya con Hellboy na nova exposición de Afundación

En «Goya-Hellboy. Unha iconografía de monstros, por Stéphane Levallois», o autor francés reflexiona sobre o fantástico universo de Goya a partir de ilustracións nas que Hellboy, un dos personaxes máis populares da banda deseñada e do cine, é o protagonista
Entre as obras expostas, encóntranse as series «Os disparates» e «Os caprichos», do xenial pintor español, e que son parte da Colección de Arte Afundación