Afundación propón descubrir a comicidade agochada na natureza na súa nova exposición en Pontevedra

I A mostra reúne 70 fotografías recoñecidas entre 2015 e 2024 polo premio homónimo, que fai unha chamada de atención sobre a necesidade de protexer a natureza distinguindo cada ano as instantáneas máis divertidas da fauna feitas no planeta

I A proposta enmárcase no programa Educación para a Sostibilidade, mediante o que a Obra Social de ABANCA promove na sociedade maneiras de actuar responsables co medio ambiente