Afundación, ABANCA e o Concello de Barro inauguran a exposición «Castelao grafista (facsímile)»

I No marco da conmemoración no 2025 do Ano Castelao, Afundación homenaxea o insigne intelectual e político rianxeiro con esta mostra, incluída no seu programa «Corrente cultural», desenvolvido en colaboración con ABANCA e os diferentes concellos galegos
I Poderase visitar ata o 19 de decembro no Salón de Actos da Biblioteca Pública Municipal