compartir

O grupo de teatro do Espazo +60 Afundación de Pontevedra representa unha obra de García Lorca

A Sede Afundación Pontevedra (Augusto González Besada, 2) acollerá mañá, mércores 11 de xuño, ás 19.00 h, a nova proposta escénica dinamizada desde o Espazo +60 Afundación de Pontevedra. O seu grupo de teatro, dirixido pola voluntaria Margarita García, porá en escena nesta ocasión Doña Rosita la soltera, a última obra que estreou en vida Federico García Lorca antes de ser asasinado.

Esta agrupación, integrada actualmente por un total de 19 actrices e actores, formouse no ano 2001 e desde entón realizou innumerables actuacións. A directora é Margarita García e o elenco está conformado por Celia Bermejo, Lourdes Cabirta, Teresa Casal, Amalia Estévez, Ernesto Cebrián, Jeremías Ferrero, Marga Gómez, Mª Carmen Gómez, Marisa Loureiro, Paco Martínez, Marina Moledo, Pilar Pastor, Ramiro Portela, Onofre Piñeiro, Elisa Prieto, Eduardo Rego, Rita Rivas, Basilio Rodríguez y Antonia Rosales.  

Esta actividade enmárcase na iniciativa solidaria «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e que anima ao público visitante a achegar alimentos non perecedoiros a modo de entrada solidaria, que serán destinados ao banco de alimentos local.

Outras noticias