Afundación e o Concello de Baiona promoven boas prácticas ambientais coa iniciativa «O mar empeza aquí»

I Esta campaña de actuación e sensibilización, enmarcada no proxecto «Educación para a sostibilidade» da Obra Social de ABANCA, arrincou hoxe en Baiona e forma parte dun movemento internacional
I Escolares e voluntarios dos espazos+60 Afundación pintaron un muro con pinturas anticontaminantes e informaron os viandantes sobre o impacto do lixo que lanzamos directamente á rede de sumidoiros pública, obxecto da campaña
I Afundación propoñerá distintas accións de concienciación durante todo o mes de xuño, coincidindo coa celebración dos días mundiais do Medio e dos Océanos
ABANCA, Afundación e o Concello do Grove presentan «Rostros das coleccións de ABANCA e Afundación»

I A inauguración tivo lugar esta mañá na rúa Castelao, onde permanecerá ata o 26 deste mes
I É a primeira vez que exhibe esta mostra de rúa, que se sumará ás que conforman o programa «Corrente cultural» que propicia a colaboración entre os concellos galegos, ABANCA e Afundación
O cuarteto de Chucho Valdés chega ao Teatro Afundación o 15 de xuño para presentar o seu último disco, «Cuba&Beyond»

I O músico cubano, 7 veces gañador do premio Grammy, estará acompañado polo contrabaixista José A. Gola, Roberto Jr. Vizcaíno Torre á percusión e Horacio Hernández, O Negro, como batería